jueves, 1 de mayo de 2014

Traballo 1. Pavo real

Este é un pavo real feito coas mans.

Materiais empregados: 

  • plantilla (as mans do meu pai
  • papel especial para témpera
  • lápiz
  • témperas


Desarrollo:
 O primeiro que fixen foi debuxar o pavo real formado copiando pola figura que sabe facer o meu pai coas mans. Despois pinteino con témpera. Para rematar, degradei as cores e delimitei contornos, para conseguir que se vise o mellor posible que é un pavo real. 


Opinión personal:
Penso que este traballo é moi creativo porque a idea surxiu de que un día o meu pai me ensinou o que era capaz de facer coas mans, eu puxenme a mirar a ver a que se podía parecer, ata que o final dixen si pintas as mans cos tons dun pavo real pódeselle dar un aire. Quiteille unha foto e a partir de ahí mirei se en realidade se parecía ou non. Vin que se parecía bastante. 
A aplicación, que tería en Educación Infantil, sería cando na Unidade Didáctica dos animais traballemos o pavo real, ensinarllo aos nenos/as.  Mirar a ver si eles son capaces de facelo coas súas mans, se non simplemente entrelazar as mans e con pintura de dedos plasmalas nun papel. É un pouco traballoso, pero pareceume creativo e orixinal.




Traballo 2. Búho

Este é un búho está feito con galletas e lacasitos. 

 Materiais empregados:

  • gallestas oreo
  • lacasitos de cores
  • virutas de chocolate
  • cartón pluma
  • silicona 

Desarrollo: 
O primeiro que fixen foi formar un con galletas oreo e con silicona funo pegando en cartón pluma. Despois con lacasitos marróns fixen a pola da árbore, con verdes as follas e coas outras cores coma si fose un sol de cores. Funos pegando. Para rematar con virutas de chocolate cubrín os ocos que quedaban en branco na unión das galletas. 

Opinión personal: 
Penso que este traballo é creativo e aos nenos/as íalle encantar e facer moita gracia. A aplicación, que tería en Educación Infantil, sería cando na Unidade Didáctica dos animais traballemos o buhó, poderiamos ensinarlle aos nenos/as a facelo. Eles non o pegarían só o montarían e logo comerían os lacasitos e as galletas. Non é un traballo moi difícil.



Trabajo 3. Pavo real con llaves

Este é un pavo real está feito con chaves.
Materiais empregados: 
  • papel 
  • lápiz 
  • tesoiras 
  • pegamento 
  • cartón pluma 
  • silicona 
  • chaves de distintos tamaños 
  • spray negro brillo baeta 

Desarrollo: 
O primeiro que fixen foi debuxar o pavo real formado por chaves cun lápis nun papel. Despois recorteino e pegueino en cartón pluma. Seguidamente con silicona fun pegando chaves ata conseguir formas con elas un pavo real (a grande para a cabeza, as medianas para o corpo e as pequenas para as patas). Para rematar, cun spray negro brillo pinteino e cunha baeta fun limpando ben as chaves, para que estas quedarán coa súa cor inicial. 

Opinión personal:
Penso que este traballo é o máis creativo de todos os que fixen. A aplicación, que tería en Educación Infantil, sería cando na Unidade Didáctica dos animais traballemos o pavo real, ensinarllo aos nenos/as. É un pouco traballoso, pero para facelo empréganse materiais que podemos encontrar habitualmente no noso día a día.